05 diciembre 2008



FELIZ NAVIDAD

03 diciembre 2008


PAULINO OTERO DESIGNADO POLA FEDERACIÓN GALEGA COMO MELLOR DEPORTISTA PROMESA DO 2008.

Este galardón será entrengado na Gala da Federación Galega en donde Paulino xunto a Rodrigo Germade serán galardonados polos seus éxitos especialmente en Hungría donde lograron 2 metais, Campeons de Europa junior k2 500 metros e Subcampeóns en 1000 metros.


xunto a Paulino tamén sera galardonado outro deportista do clube, Carlos Perez Rial "perucho"

30 octubre 2008

DOMINGO, 16 NOVIEMBRE comida -gala do club.

Forniños (Tragove - Cambados), as 13:45 horas
PALISTAS 2008 INVITADOS previa recollida de invitación ó adestrador (sen invitación no se acederá o recinto).
PAIS e socios previo ingreso na conta de BANESTO de 35 € plato /persona daraselle a INVITACIÓN

data tope confirmar reserva xoves 5 novembro

26 octubre 2008

O CLUB NÁUTICO SITÚA A RIBADUMIA NA ELITE DO PIRAGÜISMO O Muíño, un modesto entre os grandes
O Muiño convertiuse nun referente do piragüismo nacional en moi poucos anos. O Club Náutico O Muíño de Ribadumia pasou en poucos anos de ser un equipo máis dos moitos que existen no piragüismo galego a convertirse nun referente tanto no ámbito autonómico coma no estatal. Tendo como base a humildade, a modestia e o traballo cos máis pequenos, o club ribadumiense medrou a marchas forzadas nos dous últimos anos e pode presumir de ser un dos poucos con presencia en case tódalas modalidades de piragüismo. Pista, descenso, infantís, alevíns, slalom, kayak polo ou kayak de mar son disciplinas que traballan no club a pesares de contar cuns medios moi limitados e cunhas instalacións que non da rematado. Opiragüismo arousán leva moitos anos marcando o ritmo en Galicia e en España. Clubes coma o Breogán do Grove ou As Torres de Catoira convertíronse en grandes deste deporte que tantos éxitos lle da á nosa comunidade. Pero nos últimos anos apareceron con forza outros clubs da comarca que desde a humildade e a ilusión foron facendo camiño e agora forman parte xa da elite do piragüismo estatal. O caso máis chamativo é o do Náutico O Muíño de Ribadumia. É este un club que desde que se refundou fai 14 anos non fixo máis que medrar. Medrou en canto a número de deportistas, medrou en presencia nas distintas competicións, medrou en éxitos deportivos, en impacto mediático... Medrou en todo menos nos medios á súa disposición. E é que se trata dun club modesto e humilde que, sen embargo, non renuncia a nada. De feito, si por algo se caracteriza o Náutico O Muíño nos dous últimos anos é por estar en tódolos sitios nos que hai unha competición de piragüismo. O exemplo máis claro é a súa presencia nos Xogos Olímpicos de Pekín con Carlos Pérez “Perucho”, palista que se incorporou o ano pasado á disciplina da entidade ribadumiense.
José Manuel Vázquez Núñez e o seu fillo teñen claro que a mellor maneira de progresar e de chamar a atención dos máis pequenos é dándolle a oportunidade de participar no maior número posible de competicións. O Muíño aparece en tódalas listas de inscritos das modalidades de Infantís e Alevíns, Descenso de Ríos e Pista (tanto a nivel autonómico como estatal), pero tamén se aventurou a entrar no kayak-polo, modalidade que recuperarán na vindeira tempada, o slalom, na que son pioneiros en Galicia, e o kayak de mar. O adestrador do club, José Manuel Vázquez Navia, sinala que con esta amplitude de citas conseguen “darlle máis opcións aos nosos palistas de poder competir e disfrutar do deporte”.
A receita utilizada polo club para poder levar a cabo toda esa actividade non é outra que a combinación de traballo e ilusión. E o resultado está sendo espectacular. Porque o Muíño non só se limita a facer acto de presencia senón que traballa para acadar bos resultados. E estes non puideron ser mellores nos dous últimos anos. Todo eso fai que palistas doutros clubs galegos opten por incorporarse á disciplina do Muíño e tamén invita aos pais ribadumienses, e tamén doutros concellos limítrofes, a introducir aos seus fillos no mundo do piragüismo a través desde club.
Esta semana O Muíño comezou os adestramentos de cara á vindeira tempada na que conta cuns oitenta palistas, cifra impensable fai só uns anos. E entre todos eles destacan algúns que xa forman parte da elite do piragüismo español. Ademais do propio Perucho, as auténticas xoias do club son os xuvenís Paulino Otero e David Maquieira, campión e subcampión de Europa júnior respectivamente. O propio Maquieira forma o mellor C-2 de España da categoría xunto co seu compañeiro de club Joaquín Boisa.
E todo iso sen unhas instalacións dignas que ben ten merecidas. O edificio do club comezouse a construir fai xa oito anos e segue sen rematarse, algo que xa vai sendo hora de que fagan as administracións.

21 octubre 2008


UNHA PROMESA FEITA REALIDAD

a promesa realizada por Carlos Perez e Saul Craviotto de facer o camiño de Santiago si lograban unha medalla nos XXOO de Pekin foi realidade o facer o Camiño de Santiago dende Ponferrada ata Santiago.

O Camiño fixose en Bicicletas donadas polo equipo ciclista galego Xacobeo GAlica da man de Alvaro Pino que nos axudou en todo o necesario e en 4 etapas (Ponferrada-Cebreiro, Cebreiro-Portomarín, Portomarín-Arzúa, Arzúa-Santiago). Nesta experiencia os Campeóns Olimpicos foron arroupados por membros do clube (Rodrigo TIebo, Jesus Perez, Jose Manuel Vazquez e MOntero) xunto o adestrador do equipo nacional Miguel Garcia.


INICIO DUNHA NOVA TEMPORADA

este mercores 22 de Outubro iniciarase os adestramentos de cara a temporada 2009 para as categorias Cadete, Juvenil e Senior. a partir das 19:00 horas nas instalacións do clube.


22 septiembre 2008




O NAUTICO O MUIÑO LOGRA O SUBCAMPEONATO NO GRAN PREMIO DE GALICIA DE RIOS E TRAVESIAS 2008.


Foz foi o escenario das 2 ultimas probas do calendario Galego de Rios e Travesías en donde o clube xogabase co Piraguismo Vilaboa e Cofradia de Pescadores de Portonovo quen acompañaría as Torres de Catoira (virtual campeon) no podio desta liga. Fomos nos os que despois de o Sabado na Travesia Ria de Foz fixemos 2º por clubes por detras de Catoira e o Domingo 3º por clubes na Regata de K4 de Foz que se fixo co subcampeonato da liga.




noraboa a todos.

03 septiembre 2008


CARLOS PEREZ RIAL, CAMPEON Olimpico k2 500 metros xunto a Saul Craviotto.

unha nova paxina escrita para a historia do clube Nautico O MUIÑO que sen dubida algunha e unha paxina cun ouro olimpico, un resultado acadado por un deportista do clube e recaeu nas mans de Perucho. Noraboa polo éxito e gracias por compartilo con todos nos.

07 agosto 2008


CARLOS PEREZ RIAL xa se encontra en Pekin para disputar os XOgos Olimpicos.


Perucho encontrase dende hoxe na capital china de Pekin para disputar xunto o catalan Saul Craviotto a proba do k2 500 metros en donde intentaran loitar polas medallas. SORTE

06 agosto 2008


3 MEDALLAS DE HUNGRIA


O Campionato de Europa Junior e Sub 23 disputado en Hungria trouxo para o clube 3 metais continentais, das mans de Paulino Otero o Campionato de Europa JUnior K2 500 metros xunto a Rodrigo Germade e o subcampeonato de Europa en K2 1000 metros. O outro metal foi para David Maquieira que logrou xunto a Jacobo Dominguez o Subcampeonato de Europa en C2 500 metros mentras que nos 1000 tuveronse que conformar cun meritorio 5º posto.


noraboa campeons

11 julio 2008


SUBCAMPEONS GALEGOS DE RIOS.

O Nautico O MUIÑO proclamouse Subcampeón Galego de Ríos na Baixada do Rïo Umia, en donde o Piragüismo Illa de Arousa adxudicouse o Campionato. A 14 Baixada do Rio Umia a cal organizamos contou con numerosa presencia de clubes galegos e afeccionados o longo do precorrido de 14 km, en donde destacan os podios optidos por Andoni, Pukas, Maria, Suso entre os 24 deportistas do clube que participaron.


noraboa a todos

DAVID MAQUIEIRA E PAULINO OTERO estarán no CAMPIONATO DE EUROPA JUNIOR que se disputará en Hungria, ambos palistas ribadumienses formaran as embarcacions dobles xunto a outros 2 deportistas que casualmente son do Breogan de O Grove, David formara o C2 1000 e 500 metros con Jacobo Dominguez , mentras Paulino estara no K2 1000 e 500 metros con Rodrigo Germade.-

06 junio 2008


O Muíño coloca a su palista estrella en los Juegos de Pekín


El deportistas del Náutico O Muíño de Ribadumia, Carlos Pérez Rial “Perucho”, representará a la selección española de piragüismo en los Juegos Olímpicos que se disputan en el mes de agosto en Pekín. Así lo acordó ayer la Federación tras la reunión mantenida por la Comisión Permanente de la Directiva. Tras estudiar los informes técnicos presentados por Moreno y Morlán, la comisión directiva acordó que la embarcación formada por Carlos Pérez “Perucho” y Saúl Craviotto represente a España en Pekín en la modalidad del K-2 en las distancias de 500 y 1.000 metros, descartando la opción de Diego Cosgaya y Javier Hernánz, que también lograron la medalla de plata en el pasado Europeo de Milán, aunque en la distancia del kilómetro. De esta forma, el deportista estrella del Náutico de O Muíño de Ribadumia dispondrá de la oportunidad de luchar por una medalla para el piragüismo gallego, al igual que David Cal, que competirá con el C-1 en 500 y 1.000 metros, y Teresa Portela. La pontevedresa se presentará en Pekín para afrontar la modalidad del K-1 en 500 metros y del K-4 en la misma distancia. La representación del equipo nacional en Aguas Tranquilas la completan Molanes, Manchón y Smidakova.
Con la designación de Perucho y del catalán Craviotto no sólo se define el equipo nacional de piragüismo que acudirá a China, sino que también se pone el punto y final a una larga polémica iniciada luego del Campeonato de Europa.

21 mayo 2008


SUBCAMPEON DE EUROPA K2 500 metros.

Carlos Perez Rial, proclamouse xunto a Saul Craviotto, subcampeons de Europa en 500 metros, despois dunha final que dominaron desde o principio nos ultimos metros foi superada pola embarcacion Xermana que leva 7 anos vencendo nesta distancia, (campeons olimpicos),

Con este subcampeonato o clube Nautico O MUIÑO logra a primeira medalla nun Europeo na sua historia e poida que consigua un billete para unha olimpiada, pero deberemos esperar a ultma palabra federativa, xa que a outra embarcación española tamen conseguiu o billete para Pekin e só pode ir un k2 x pais,


08 abril 2008


CARLOS PEREZ "PERUCHO" incorporase a disciplina do Nautico O MUIÑO debutando na Copa de España de 500 metros cunha comoda victoria no K1 senior, e logrando a medalla de Plata en K2 senior xunto a Rodrigo Tiebo.


Paulino Otero foi o outro Gran Protagonista en Merida o colgarse 2 metais de Ouro tras vencer na K1 Junior e no K2 Junior xunto a Jose Quintillán. O C2 Junior de David Maquieira e Joaquin Boisa volveu a demostrar que é o mellor C2 JUnior de España o vencer con 1 segundo de ventaxa a c2 de sevilla na final e xa ter vencido na Copa de 1000 metros.


Finalizouse 6º por clubes, pero cos puntos das ultimas incorporacions que ainda non entendo como solo a nos se nos quita os puntos na regata e non despois na clasificacion da liga, quedariamos 3º por clubes. que sen dubida e un gran éxito.


noraboa a todos medallistas e non medallistas que colaboraron co clube para finalizar aí arriba.

31 enero 2008


O CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO, dara a salida a unha nova temporada.

Castrelo de Miño sera o escenario do inicio da temporada oficialmente, un escenario en donde alvergara gran parte das regatas de pista galegas, Campionatos Galegos Junior, Cadete e Senior, a Regata Nacional de 1000m, o Campionato de España Infantil, etc, seran algunhas das regatas que alvergará castrelo de Miño.

A temporada na Liga Nacional comenzara en Sevilla co Campionato de España de Inverno o vindeiro 8-9 Marzo .


sorte a todos.